Thursday 09 de May de 2024

Obradoiro de fotografía sobre técnica fotográfica con perspectiva feminista


Para participar non se requiren coñecementos previos nin cámara, xa que se pode empregar a do móbil

A área de igualdade do Concello de Cabanas organiza o obradoiro fotográfico “Retratos e emocións”, unha introdución á técnica fotográfica con perspectiva feminista que pon o foco nas emocións como elementos comunicativos.

As participantes neste obradoiro aprenderán sobre a luz, a composición e diferentes tipos de retratos para transmitir as ideas e mensaxes, e para facelo posíbel poderán empregar as súas propias cámaras dixitais, se dispoñen delas, ou a cámara do móbil. Tampouco se requiren coñecementos previos para poder participar, xa que o nivel estará adaptado a todos os graos de coñecemento.

A xornada terá lugar o venres 18 de novembro, en horario de 17 a 20 horas no Apeadoiro do Areal, sendo necesario realizar inscrición previa no correo igualdade@cabanas.gal ou no teléfono 687 143 771.